CRTVG

Buscar

A Revista

Un estudo destaca as aptitudes da raza rubia galega para o cruzamento industrial nas granxas de leite

Publicado o 30/03/2016 13:22

O baixo prezo que están a cobrar polo leite fai que cada vez máis gandeiros aposten polo cruzamento industrial. Isto significa que inseminan as vacas de leite con touros de aptitude cárnica, porque así a vaca dá leite despois do parto e a cría págase mellor no mercado porque pon máis quilos en menos tempo. Pero para acadar o mellor resultado compre seleccionar ben que touros empregar.

Nas ganderías de leite sempre foi habitual cruzar parte das vacas con touros de carne, pero nos úlitmos anos cada vez se está a facer máis, como constata un estudo realizado por AFRICOR Lugo, a Asociación de criadores de frisón da provincia, Xenética Fontao e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo:

María Traba, veterinaria de ACRUGA

Amais da crise do sector, outro dos factores que influiron no repunte do cruzamento industrial é o cada vez maior uso que se fai de seme sexado, e que lle permite ao gandeiro asegurar que a vaca vai traer unha femia.

María Traba, veterinaria de ACRUGA

No estudo realizado por Africor Lugo fíxose unha comparativa entre as razas máis empregadas para o cruzamento, a limusín, a azul belga e a rubia galega, en función da fertilidade, o índice de conversión e a conformación das crías, unha comparativa que foi favorable para a rubia galega:

María Traba, veterinaria de ACRUGA

En 2015 Acruga vendeu case 250.000 doses, máis da metade no estranxeiro, en Uruguai, México ou Polonia pero, sobre todo, no Brasil. Hai quince anos que comezaron a vender alí as primeiras doses e o pasado ano xa enviaron preto de 120.000. Esta experiencia vai abrir agora un novo mercado en Asía, xa que a rubia galega vai ser a única raza de carne autorizada en Indonesia para o cruzamento industrial.

María Traba, veterinaria de ACRUGA

En AFRICOR Lugo continuarán co estudo dos animais de cruzamento industrial para que os gandeiros dispoñan da información para seren máis rendibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

30/03/2016