CRTVG

Buscar

Un estudo descobre un posible talón de Aquiles da Covid-19

Publicado o 18/06/2020 10:13

Dende hai meses a esperanza para rematar coa Covid-19 está nas mans dos investigadores e cada avance conta. Hoxe imos coñecer un deles da man do seu autor, Ernesto Estrada, científico con lazos galegos e investigador matemático de ARAID.

Dirixiu dende a Fundación Axencia Aragonesa para a Investigación e o Desenvolvemento un estudo centrado na proteasa, "unha das proteínas que ten o virus". 

"A proteasa principal é a que corta as poliproteínas para crear estas 29 coas que o virus pode replicarse ou funcionar".

Polo tanto, se se produce un erro nesa proteasa, o virus non podería fabricar esa maquinaria coa que puidera reproducirse, o que se traduce en que o virus morrería, segundo avanza o científico Ernesto Estrada.

Quixeron tamén analizar as similitudes entre a proteasa do virus actual e a do virus do 2003. E acharon que as dúas proteasas son, a simple vista, semellantes. Intentaron, empregando ferramentas matemáticas máis sofisticadas, ver se a proteasa do virus actual "ocultaba algún truco para ser máis eficiente con respecto ao anterior". E viron que "con só 12 cambios na secuencia, o virus aumentou na proteasa a súa eficiencia para realizar a súa función nun 2.000%".

 

 

 

Noticias web

18/06/2020