CRTVG

Buscar

Un estudo da USC descarta a saturación do Camiño de Santiago

Publicado o 15/05/2018 21:53

O Camiño de Santiago ten capacidade para medrar máis. O informe socioeconómico elaborado pola Universidade de Santiago conclúe que non hai risco dunha posible saturación.

Hoxe presentouse a segunda fase dese informe da universidade compostelá. Os investigadores analizaron a percepción de veciños e peregrinos e tamén os datos de ocupación e descartan que haxa masificación no Camiño.

O estudo destaca e o altísimo grao de satisfacción dos peregrinos. Din que hai tipoloxías moi distintas pero case todos coinciden nunha cousa, en que non se consideran turistas; só un 4% se define como tal.

Canto ao da posible saturación do Camiño. Din que a capacidade de acollida é moi superior ao número de peregrinos que fan a ruta, aínda que recoñecen que hai algún pico puntual de alta afluencia nalgúns momentos no Camiño Francés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2018