CRTVG

Buscar

Teletraballar e atender os fillos: unha "bomba de estrés"

Publicado o 07/05/2020 16:11

Teletraballar pode ser así, pero tamén pode ser destoutra maneira, coa obriga de prestar atención a varias frontes. Ben o sabe María, que así gravou os seus fillos.

"Traballando dende a casa con nenos o que tes é unha bomba de estrés".

Ese estrés do confinamento, que tantas tarefas implica, forma parte dun estudo da Universidade da Coruña.

"Esta investigación céntrase en analizar un conxunto de variables que poden incidir no estrés provocado polo confinamento e tamén no benestar psicolóxico das persoas".

As súas primeiras análises sinalan que parece haber máis estrés entre as mulleres confinadas ca entre os homes, e máis nas cidades ca no rural. Tamén distinguen picos de malestar.

"Arredor da semana tres de confinamento, e daríase unha repunta arredor da semana seis".

Recomendan aceptar a realidade tal e como é e buscar novas posibilidades na situación para reducir ese estrés.

"O estrés pode ser máis elevado entre os menores de 35 anos".

Atribúeno a que os máis novos tenden a inculparse e deixar correr sentimentos desagradables. "É probable que os pais confinados con fillos estean a empregar mellores estratexias para abordar o confinamento".

Preguntámoslle, entón, á nai que tamén gravou así os seus fillos.

"Teste que organizar moi ben, e que eles poñan un pouco da súa parte. Con iso vanse sacando as cousas adiante. E desta imos saír". Sacando as cousas adiante.

 

Noticias web

07/05/2020