CRTVG

Buscar

Un estudo atopa as posibles causas e tratamentos do fallo multiorgánico pola covid-19

Publicado o 18/09/2020 14:56

A covid-19 é unha enfermidade respiratoria que ás veces causa danos noutros órganos. A súa propagación pode estar ligada a un conxunto de proteínas. Pero como poden viaxar desde os pulmóns ata o corazón ou ata o cerebro?

Ernesto Estrada, científico de ARAID e a Universidade de Zaragoza, explica que se descubriron "unha especie de 'taxis' que traballan no organismo que son unhas cápsulas que levan dentro un anaco de ARN, proteínas, lípidos... E transpórtanos sen que sufran dano ningún".

E así logran entrar noutros órganos e danalos aínda que non estiveran directamente expostos ao virus.

"Sete dos órganos danados nos pacientes graves da Covid son explicados por este modelo", explica Estrada.

É un descubrimento fundamental, porque ao coñecer as proteínas vulnerables, saben que fármacos poden funcionar.

Propoñen as mínimas combinacións de fármacos que tratarían o maior número de danos extrapulmonares. Frear, deste xeito, os fallos multiorgánicos, que poden ser mortais.

Noticias web

18/09/2020