CRTVG

Buscar

Un estudo asegura que os galegos son os que máis gastarán en San Valentín

Publicado o 14/02/2018 08:53

Hoxe é o Día dos Namorados. E di un estudo que os galegos imos ser os que máis gasten en repartir o seu amor. Algo máis de cen euros de media os homes, e oitenta as mulleres. 

Un dos agasallos máis habituais para o San Valentín son as flores, concretamente as rosas vermellas. Pero, este agasallo é só para elas, ou as mulleres tamén regalan flores?

O dono dunha dunha florería di: "Puntualmente, aínda non se animan. E iso que temos rosas de cores. Cada vez máis, pero decántanse máis polas plantas, os bonsais... Ese tipo de produtos son os que soen regalar máis as mulleres aos homes".

Unha frase moi típica é que San Valentín son todos os días. Aínda así, hai quen cre que nesta data non se debe reparar en gastos. En concreto, os galegos gastaremos unha media de 96 euros.

"Eu creo que non hai presuposto, sobre a marcha. Según vaia saíndo o día. Non hai reparo en gastar sempre que sexa por ese motivo". "Para o amor nunca é demasiado desde o meu punto de vista".

Con todo, outros cren que esta é só unha escusa das tendas para disparar as vendas nesta época do ano.

"Para min San Valentín e un día comercial simplemente, non me gusta e non o celebro nunca". "Por ser solo simplemente un día concreto... Será mellor comprar cada día un pouco e non porque sexa un día ao ano gastar máis".

O que si sabemos é que mais do 60% dos galegos celebrarán o 14 de febreiro cun agasallo nas mans e cunha persoa especial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018