Un estudo asegura que as persoas de 50 anos gañan en canto a cultura xeral aos mozos

Segundo un estudio coordinado por unha universidade madrileña, as persoas de mediana idade teñen máis cultura xeral que os mozos. De feito, din que é unha percepción socialmente aceptada.
Tras analizar máis de 50.000 respostas dun Trivial en liña, o estudo conclúe que as persoas de 50 anos teñen máis coñecementos ca o resto da poboación.
Ademais da idade, o estrato socioeconómico e a posesión de estudos superiores son factores que inflúen no nivel cultural, pero a pregunta chave é a relación entre coñecemento, intelixencia e nivel cultural.
As culpas destas lagoas en canto a coñecemento repártense entre familias e escolas. O estudo tamén revela que a partir dos 50 anos, a deterioración no nivel cognitivo é evidente. E contra isto, lecturas e trivial sempre axudan e entreteñen.