CRTVG

Buscar

Un estudo asegura que a vacina de Pfizer ten un cen por cento de efectividade entre os 12 e os 15 anos

Publicado o 31/03/2021 16:09
Un estudo asegura que a vacina de Pfizer ten un cen por cento de efectividade entre os 12 e os 15 anos

Un informe constata que a vacina de Pfizer-BioTech ten unha efectividade demostrada do cen por cento en rapaces de entre 12 e 15 anos.

Segundo comunicaron ambas as dúas empresas, o ensaio realizado entre 2.260 rapaces destas idades demostrou unha eficacia plena e respostas robustas de anticorpos, superiores aos rexistrados con individuos de entre 16 e 25 anos.

Ambas as dúas farmaceúticas teñen previsto presentar unha solicitude ás autoridades sanitarias dos Estados Unidos para que autorice vacinar os rapaces deste grupo de idade antes de que comece o próximo curso escolar.
 

Noticias web

31/03/2021