CRTVG

Buscar

Un estudo apunta que o galego é a lingua con máis falantes en Biscaia, tras o éuscaro e o castelán

Publicado o 21/02/2021 23:25

• Dezasete centros do Bierzo ensinan galego nas súas aulas

 

Nos cativos está o futuro do galego. A nosa lingua está espallada polo mundo. Está nos cinco continentes, e a emigración xogou un papel fundamental nesa expansión.

Galicia foi terra de emigrantes; ese fenómeno migratorio fixo que a nosa lingua chegase a boa parte do planeta. E non temos que ir moi lonxe para atopar mostras da súa implantación fóra do noso país. 

Hai só uns días coñeciamos os datos dun estudo que indica que o galego é a lingua con máis falantes en Biscaia tras o éuscaro e o castelán. Ese estudo da Deputación biscaiña cifra en máis de 25.000 os falantes de galego, moitos son emigrantes e fillos de emigrantes que marcharon ao País Vasco nas últimas décadas. A lingua galega ten máis falantes en Euskadi ca o árabe, o romanés, o catalán e o portugués.

O galego, nas escolas fóra do país

O vencello familiar de pais a fillos xoga un papel fundamental na transmisión da lingua, mais tamén o ensino. O noso idioma estúdase alén das nosas fronteiras. Hai 17 centros no Bierzo e outro en Seabra ensinan galego nas súas aulas. Tamén na Escola Oficial de Idiomas, en que teñen 60 alumnos.

Noticias web

21/02/2021