CRTVG

Buscar

Un estudo alemán asegura que o uso da gravata pode provocar problemas cognitivos

Publicado o 11/07/2018 21:21

Fíxense no estudo que publicaron uns científicos alemáns. Nel aseguran que as gravatas fan que chegue menos sangue ao cerebro porque este complemento comprime a xugular. Non alertan de consecuencias obvias, pero si acreditan certo risco. Xulguen vostedes canto perigo pode haber.

A primeiros de século uns científicos norteamericanos dixeron que as gravatas moi apertadas podían danar a visión das persoas a longo prazo. E agora tocoulles a uns científicos alemáns. Fixeron un estudo con trinta homes sans. Practicáronlles probas con gravata e sen gravata. 

E nós puxémoslle a unha neuróloga un micrófono precisamente de gravata. Preguntámoslle se lle aperta.

Daquela pasamos a falar das gravatas de verdade e das sorprendentes conclusións dese estudo alemán.

"Naqueles que tiñan camisa abotoada e gravata producíase unha diminución, ademais significativa, no fluxo sanguíneo cerebral".

Para os autores do estudo, esa diminución non provoca danos obvios, pero si sería dabondo para afectar o funcionamento do cerebro.

"Ata que punto levar todos os días unha gravata moi apertada podería conducir ata certa deterioración cognitiva? Sería 'hipotetizar' de máis, polo momento".

Soa tranquilizador. Pero buscamos gravatas. Poucas pola rúa. Así que entramos onde teñen moitas.
Pois preguntamos se a gravata aperta ou non aperta.

"Hai distintos tipos de nó. Sempre vai cinguido, non aperta".
Mais todos recoñecemos que afrouxala é sinónimo de alivio. 

En todo caso, mellor non apertar a gravata. Fáganlle caso aos científicos alemáns ou féganlle caso ao sentido común.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018