CRTVG

Buscar

Un estudo advirte de que a suba das pensións conforme ao IPC triplicará o déficit da Seguridade Social

Publicado o 31/10/2019 14:56

Un informe de expertos en riscos alerta de que o déficit da Seguridade Social podería triplicarse en 2050.

O estudo do Instituto de Actuarios advirte que a revalorización das pensións conforme ao IPC dispararía o déficit, co que o 'burato' da Seguridade Social pasaría de 20.000 a 100.000 millóns de euros. O informe fala de desequilibrios entre o achegado á Seguridade Social e o recibido: calcula que por cada euro cotizado no seu día, un xubilado recibe 1,20, un 28% máis do cotizado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019