CRTVG

Buscar

Un estudante do CSHG aspira ao Premio Promesas da alta cociña

Publicado o 29/01/2019 16:54

Ata non hai moitos anos, sería difícil que por estes lares un xurelo acabase nun prato de ceviche, ao estilo da cociña tropical suraméricana. Pero a popularización da gastronomía global e a proliferación das escolas de cociña están cambiado o receitario que nos rodea.

Manuel é alumno do último curso de Gastronomía e Cociña do Centro Superior de Hostalería de Galicia e quere completar a súa formación con outras experiencias. O seu próximo obxectivo é o Premio Promesas da Alta cociña, organizado pola escola internacional Le Cordon Bleu, unha proba para a que é o único galego seleccionado.

A iniciativa foi súa, pero poderá contar coa apoio do centro en que se forma. A Manuel viralle ben o apoio, porque desde agora ata abril terá que realizar varias probas, para aspirar a coroarse como unha promesa da alta cociña. O que empeza a ter cada vez máis claro é que esas inquedanzas profesionais van ir na liña do que xa coñece ben por tradición familiar.

Noticias web

29/01/2019