CRTVG

Buscar

Un estourido nunha casa en Patos derruba dúas paredes

Publicado o 23/11/2019 14:50

Esta foi unha das paredes que estoupou de dentro cara fora... e esta a outra, onde se produciu o primeiro estoupido. Entre esos ladrillos que ven está a cámara de aire polo que puido circular o gas dunha bombona de butano.

Os veciños da casa que está a carón, tamén na rúa Tomás Miramdel de Patos, apenas escoitaron nada, a pesares do que poida parecer á vista das imaxes. Así quedou o patio dun deles, con toda unha parede depositada por riba.

Porque hoxe a palabra sorte está nos beizos de todos. A familia propietaria da vivenda, un matrimonio e seus dous fillos pequenos estaban dentro da casa. Estaban diante da chimenea, a zona onde se produciu a primeira deflagración. A investigación sobre as causas dos dous estoupidos segue aberta.

Noticias web

23/11/2019