Un espectacular Marc Márquez logra o seu oitavo mundial
Logrou en Tailandia a novena vitoria da temporada
Semella tan doado como meter esa bóla negra. A bóla dos oito campionatos do mundo para un home de só 26 anos chamado a ser o máis grande na historia do motociclismo. A carreira de Tailanda foi un espectacular man a man con Fabio Quartararo. O francés buscaba a súa primeira vitoria, Márquez non a precisaba pero nin así. O duelo provocaba ata o sorriso no box de Yamaha. Os adiantamentos eran constantes ata que chegou a última e decisiva curva. Márquez non tivo piedade e adiantouno polo interior. Novena vitoria e oitavo título.
Para Marc Márquez este foi un ano incrible. Dixo que o equipo fixo un traballo sensacional. Quixo darlles as grazas aos patrocinadores, á súa xente. Dixo que agora é tempo de pasalo ben e celebrar o título.
Oitavo mundial e aínda co Xapón, Australia, Malaisia e Valencia por diante.