CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Un espazo de coworking en pleno Xurés

Publicado o 02/11/2014 21:23


E agora falámoslles dun proxecto novidoso que se está a desenvolver no Xurés. Unha parella decidiu escoller este lugar para pór en marcha unha iniciativa que une o coworking e a vida no rural. Levan apenas uns meses funcionando e aseguran que a resposta recibida é máis ca favorable.

Atopámonos na aldea de Senderiz, en pleno Xurés. Aquí o tempo vai a modo. É o lugar indicado para traballar sen presións, concentrado e gozando da natureza.

"Neste espazo coworking rural, tentamos facer espazos para acoller distintos proxectos e distintos profesionais que poden convivir e traballar xuntos."

"Temos espazos tanto dentro como fóra, temos unha sala comunitaria, un comedor e oficinas ao aire libre, xardíns habilitados para o traballo."

E semella que non foi mala idea porque dende que puxeron en marcha esta iniciativa, xa pasaron por aquí grupos de redactores de proxectos, mozos de intercambio de cinco países e mesmo un festival para debuxantes e ilustradores de toda España. Aquí dáselles non só un espazo para traballar, ademais de aloxamento e comidan, senón tamén a oportunidade de compartir experiencias nun contorno único.


"Isto é un espazo que crea comunidade de xente que vai chegar aquí, ou que estivo aquí, e que vai estar conectado co noso proxecto. Porque ao final é moi importante durante un proxecto, con quen saes e tomas un café, porque normalmente así intercambias esta aprendizaxe, e iso é algo que a xente leva despois á casa."

"É un sitio con moita calma, moito relax, gozas dos pequenos praceres, e si traballas no que che gusta é o mellor. "

Contan que sobraban motivos para quedar aquí, pero que sen dúbida a acollida que tiveron entre os seus veciños é un dos máis gratificantes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí