CRTVG

Buscar

Un español aplica en Gaza a "cirurxía de guerra" que precisan os palestinos feridos

Publicado o 30/03/2019 13:34

Un español, Javier Atienza, traballa para Médicos Sen Fronteiras en Gaza, onde aplica os seus coñecementos á cirurxía reconstrutiva que necesitan moitos palestinos feridos de bala. A organización está alerta esta fin de semana para facer fronte a un posible aumento de feridos, ante a manifestación convocada xunto á fronteira israelí para conmemorar o primeiro aniversario da "Marcha do Retorno", que pide o fin do bloqueo e a volta dos refuxiados palestinos. Atienza, que xa traballou en Afganistan, leva atendidos uns 200 feridos no hospital de Awda, ao norte de Palestina.
 

Noticias web

30/03/2019