CRTVG

Buscar

Un español, á fronte dunha rede que introducía fármacos para a disfunción eréctil dende Malaisia

Publicado o 25/02/2020 19:54

A Garda Civil desactivou unha rede de de tráfico ilegal de fármacos para a disfunción eréctil. A operación "Ficar", da que estamos a ver imaxes, detivo a 47 persoas por introducir en Europa estas substancias facéndoas pasar por complementos alimenticios. Desenvolveuse en quince provincias españolas , ademais do bloqueo de 57 páxinas web, 39 contas bancarias e a intervencións de 500.000 euros en efectivo. O máximo responsable da rede era un español que exercía a súa labor desde Dubai. Os fármacos procedían de Malaisia puidendo provocar infartos ou morte súbita polo consumo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020