CRTVG

Buscar

Un escultor reproduce templos de Lugo con cortiza e cartón

Publicado o 08/04/2021 20:19

Románico, barroco, neoclásico... case ningún estilo e ningún templo lugués se lle resiste a Domingo López, un escultor de 77 anos que hai cinco comezou a facer maquetas de edificios relixiosos da provincia de Lugo.

"Eu non sabía nin como pegar a cortiza. Foi o primeiro que se me ocorreu para tapar o cartón. Non sabía o que viría despois", explica Domingo López,  escultor de cortiza

O viño é parte esencial na obra de Domingo. Porque os materiais que usa son as cortizas das botellas e o cartón das embalaxes. Os cruceiros son outra das especialidades deste antigo linotipista.

"Saco as fotos e empezo a traballar. E sigo indo aos sitios para ver como me vai quedando", sinala López.

O convento lugués das Agustinas é a súa obra cume porque se trata dun recinto pechado ao público que moi pouca xente visitou. El fixo dúas réplicas: unha para a súa casa e outra para as propias monxas.

INSERTO DOMINGO LÓPEZ. ESCULTOR DE CORTIZA
"Eu dixen que nin lla regalaba nin llo cobraba. Pero insistíronme e fixen unha para elas."

Domingo non pensa vender as súas obras e tampouco ten máis interese en expoñelas. Di que a mellor recompensa é pasar a súa xubilación visitando templos e construcións para logo podelas plasmar coa súa particular técnica.

Noticias web

08/04/2021