CRTVG

Buscar

Un escolar recrea con figuras de xoguete as procesións de Semana Santa de Pontevedra

Publicado o 16/04/2019 14:05

Hai dous anos pensou en unir dous aspectos importantes da súa vida. Pertencer á confraría do Noso Pai Xesús do Silencio e a súa paixón dende cativo polos famosos clicks de Playmobil.

E este é o resultado. Ramón reproduciu dúas das confrarías que forman parte da Semana Santa de Pontevedra. Un cento de monecos procesionando aos que non lles falta detalle. Para conseguilo, traballou duro.

E Ramón di que non pensa parar ata reproducir as sete confrarías que existen en Pontevedra. E é que esta é unha afección que lle dá moitas satisfacións.

Ramón expón o seu traballo no establecemento que rexenta o seu pai en Pontevedra. As miradas curisosas non cesan e non deixa de recibir felicitacións.

Noticias web

16/04/2019