CRTVG

Buscar

Catro persoas ingresadas no hospital Álvaro Cunqueiro ao intoxicarse cun quentador

Publicado o 02/02/2020 13:33

As catro persoas precisaron atención médica ao intoxicarse pola mala combustión dun quentador nunha vivenda en Vigo. O suceso tivo lugar durante a noite co monóxido de carbono procedente da defectuosa combustión dun quentador.

Ocorreu nunha vivenda da rúa de Gandarón e, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as catro persoas moradoras da casa foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Un particular puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia indicando no seu relato que ao erguerse esta mañá se atopaban mal por mor de que pola noite o quentador non fixera boa combustión.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos bombeiros de Vigo e da empresa subministradora de gas.

Unha vez na vivenda, os servizos sanitarios atenderon ás persoas intoxicadas e os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento levaron a cabo a ventilación da casa.

Atopan morto un cirurxián na sala de descanso do Cunqueiro

Esta madrugada faleceu repentinamente Antonio Higuero, un médico cirurxián que estaba cubrindo a súa quenda de garda no Hospital Álvaro Cunqueiro. Especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivo, levaba traballando máis de 20 anos na cidade.

De momento descoñécese a causa do seu falecemento. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí