CRTVG

Buscar

Un erro informático deriva na vacinación en Vigo dun grupo ao que aínda non lle tocaba

Publicado o 13/04/2021 12:57
Un erro informático deriva na vacinación en Vigo dun grupo ao que aínda non lle tocaba

Un erro informático no sistema de citación para a administración de vacinas derivou na vacinación na área sanitaria de Vigo dun grupo de persoas ao que aínda non lle tocaba polo seu grupo de idade. Así o confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde, que explicaron que este erro beneficiou un grupo de persoas nadas en 1947, é dicir, persoas que neste ano fan 74 anos de idade.

Estas persoas, cuxo número total non transcendeu, foron citadas para vacinarse o sábado e domingo pasados no Instituto Feiral de Vigo. Trátase dun grupo a maiores dos que estaba previsto vacinar durante a fin de semana.

Este luns, o Sergas comunicou que a pasada fin de semana foron chamadas a vacinarse no Instituto Feiral de Vigo 34.200 persoas, e acudiron vacinarse máis de 27.900 (un 81,6 %). Delas, 12.833 persoas teñen entre 60 e 65 anos e 15.098, entre 75 e 79.