CRTVG

Buscar

Un erro do condutor enche un autobús en Ribeira

Publicado o 12/01/2021 16:17
Un erro do condutor enche un autobús en Ribeira

Na expansión do virus inflúen diversos factores. Dunha banda as actitudes irresponsables. Doutra, os erros humanos.

Onte un autobús en Ribeira ía ata os topes, cun feixe de mozos ocupando o corredor central. Esa saturación debeuse a un erro. A empresa que lles presta o servizo de transporte aos alumnos do instituto Leliadoura é a mesma que cobre a liña regular. Por erro, un deses condutores das viaxes ordinarias recolleu tamén os estudantes.

Aclarada a confusión, desde a empresa pediron desculpas e aseguran que non se repetirá.

Noticias web

12/01/2021