CRTVG

Buscar

Un equipo especializado vacina contra a gripe os maiores en residencias

Publicado o 20/11/2020 14:50

Este equipo específico de enfermería foi creado especialmente para poder inmunizar axiña contra a gripe as persoas maiores das residencias de Ourense.

Neste 2020 de pandemia, recibiron unha vacina da gripe de alta carga, para maior seguridade, e ademais puxéronlles a da pneumonía aos maiores de 65 que non a tiñan.

Usuarios e persoal de 93 residencias da provincia de Ourense quedaron xa protexidos contra a gripe.

Noticias web

20/11/2020