CRTVG

Buscar

Un equipo de científicos do CiQUS busca unha vacina cunha metodoloxía novidosa

Publicado o 26/04/2020 14:52

Metodoloxía patentada. A busca da vacina que consiga frear a pandemia é un traballo case contra o reloxo que se está a levar a cabo en diferentes partes do mundo, tamén aquí en Galicia. Un equipo de investigadores do CiQUS da Universidade de Compostela foi seleccionado polo Instituto de Saúde Carlos III para recibir financiamento.

"A nosa metododoloxía é única no mundo e témola patentada. Facemos que as células fabriquen microesferas, que introducen dentro delas os antíxenos víricos...", dixo José Martínez Costas, profesor de Bioquímica e Bioloxía Molecular e investigador do CiQUS.

O investigador do CiQUS José Martínez asegura que esta metodoloxía é válida fronte a outros patóxenos.

Ante a emerxencia sanitaria os prazos para desenvolver a vacina acúrtanse. Algúns dos proxectos mundiais están moi avanzados e xa se desenvolven ensaios en humanos, pero os científicos piden prudencia.

Os científicos e expertos máis optimistas cren que tal vez para finais de ano xa teñamos unha vacina.

Noticias web

26/04/2020