CRTVG

Buscar

Un enxeñeiro español deseña un asento salvavidas para autocares

Publicado o 29/08/2019 20:25
Un enxeñeiro español deseña un asento salvavidas para autocares

Cada vez máis empresas de autocares están incorporando o asento salvavidas deseñado por un enxeñeiro español.

Consiste nun dispositivo que permite desancorar rapidamente cada asento do autobús en caso de sinistro. Mediante un conxunto de arneses convértese nunha improvisada padiola para o traslado dos feridos ao hospital.

Deste xeito, recórtase drasticamente o tempo de evacuación dos feridos, incrementandose así a posibilidade de supervivencia dos máis graves.

Adaptar este sistema aos asentos dun autocar de 55 prazas ten un custo de 10.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019