CRTVG

Buscar

Un enquisa do xornal 'El Mundo' sitúa o PP con 33 deputados máis que o PSOE

Publicado o 06/09/2021 15:32
Un enquisa do xornal 'El Mundo' sitúa o PP con 33 deputados máis que o PSOE

O Partido Popular sería agora mesmo o partido máis votado se houbese eleccións xerais, asegura a última enquisa elaborada por Sigma Dos para o xornal 'El Mundo', que lle dá á formación de Pablo Casado unha porcentaxe do 29 % en intención de voto e 131 deputados, 42 máis que nas eleccións de 2019.

O PSOE de Pedro Sánchez seguiría perdendo apoios. Segundo a sondaxe sitúase por deibaixo do 25% de intención de voto, catro puntos menos que nas últimas eleccións. Os socialistas conseguirían 98 escanos, 22 menos que nas xerais de hai dous anos. En terceiro lugar situaríase Vox, seguido de Unidas Podemos.


 

Noticias web

06/09/2021