CRTVG

Buscar

Un enexeñeiro da NASA de orixe galega traballa nas misións a Marte

Publicado o 08/08/2019 16:22

Falamos cun enxeñeiro da NASA de orixe galega que traballa nas misións a Marte. Fernando Abilleira, que hoxe dará unha conferencia en Pontevedra, é o home encargado de que un novo robot aterre o ano que vén no planeta vermello. Alí, buscará vida.

Fíxense neste home recibido no concello de Pontevedra. É un veraneante. Sempre volve á terra do seu pai. E de Sanxenxo a nacer en Madrid, onde dous intres de infancia lle espertaron unha insaciable fame polo espazo exterior.

E hoxe leva xa 18 anos traballando na NASA, traballando con altas responsabilidades nas misións a Marte que relata en Galicia. O robot atravesara a delgada atmosfera de Marte a 20.000 quilómetros por hora. Reduciu a velocidade a 8 quilómetros á hora en sete minutos de terror e aterrou para estudar o interior do planeta Vermello. E para o 2020, outra misión, e aínda máis responsabilidade.

Queren aterrar nun cráter que cren que foi o final dun río. A idea será recoller e traer mostras do mesmísimo Marte. Polo de agora, Fernando Abilleira di que volveremos pisar a Lúa en 2024.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019