CRTVG

Buscar

Un empresario ofrece traballo aos dous senegaleses que defenderon a Samuel

Publicado o 14/07/2021 15:57

Nunha fábrica coruñesa, Ibrahima e Magatte, os dous senegaleses que defenderon a Samuel Luiz dos seus agresores, poderían comezar a traballar unha vez reciban os papeis que regularicen a súa situación en España.

Dedícase á fabricación de portas, molduras, taboleiros e paneis, e ten a súa sede no concello de Oza-Cesuras. O seu propietario declinou facer declaracións á cámara, di que non busca ser protagonista e que só pretende axudar dúas persoas valentes.

O lugar onde Samuel caeu malferido continúa cuberto de flores e os veciños alégranse que a conduta dos dous mozos emigrantes teña recompensa.

Amais de intentar axudar a Samuel, os testemuños de Ibrahima e Magatte na comisaría resultaron determinantes para a investigación policial.

 

Noticias web

14/07/2021