CRTVG

Buscar

Un empresario de Valladolid recupera un lago e restaura dúas vivendas aos pés do Camiño Primitivo

Publicado o 08/10/2020 21:16

Despois de buscar por moitos lugares, Francisco decidiuse por Galicia. Este empresario valisoletano buscaba unha parcela e unha casa, pero tiña outro requisito fundamental, buscaba auga.

Atopouna en Soutomerille, en Castroverde, e aínda que a maleza o tapaba todo xa descubríu o lago que agochaba e que nin sequera recordaban moitos veciños.

En total a parcela que mercou ten máis de 31 hectáreas. Conta con dúas vivendas que xa está a rehabilitar e para a que ten en mente moitos proxectos.

Pero a idea de Francisco tamén é descansar e socializar e a parcela está nun lugar idílico. Unha zona tranquila situada aos pés do Camiño Primitivo, onde quere parar conversar cos peregrinos.

Noticias web

08/10/2020