CRTVG

Buscar

Un empresario anónimo doa 20.000 euros para pagar comidas en Espiño

Publicado o 23/03/2021 15:28

Nunha vila de Portugal un empresario anónimo está pagando 90 comidas ao día para quen máis o precisa. A pandemia, e sobre todo o confinamento xeral, incrementou o número de familias en risco.

O confinamento xeral que comezou o 15 de xaneiro continúa empobrecendo centos de familias en Portugal, aínda que xa comezaron a desescalada. Ante a chamada de auxilio do Concello desta vila de Espinho, a poucos quilómetros do Porto, un empresario anónimo decidiu doar 20 mil euros para pagar as ceas e xantares dunhas 40 familias que o precisan por diversos motivos. Financia comidas que se compran en restaurantes e tamén paga as facturas du comedor social. 

Cristiana vén dúas ou tres veces á semana como voluntaria para axudar nun dos momentos máis difíciles deste comedor social. Ela explícanos que en realidade ela recibe máis do que dá. 

Ás 11 da mañá hai a trasfega que hai nas cociñas. "No fondo o feito é que me axuda máis a min que aos outros". Chegan os produtos para empaquetar os xantares e ir preparando unha cea máis contundente para quen máis o necesita.

A axuda do empresario anónimo foi clave para poder asumir as peticións de axuda de ducias de familias que sofren o outro lado da pandemia, o que non cura unha vacina.

 

Noticias web

23/03/2021