CRTVG

Buscar

Un emprendedor rehabilita no Courel unha aldea para turismo

Publicado o 15/09/2019 22:40

O Mazo é unha aldea rehabilitada situada en plena serra do Courel. Constitúe un espazo singular nunha paisaxe natural. É o proxecto persoal dun emprendedor que foi quen de converter tres casas case en ruínas nun establecemento turístico con capacidade para medio cento de persoas.

Conta en total con catorce apartamentos, un comedor con amplas vistas e outro ao aire libre, ademais dun auditorio e unha sala de reunións soterrada. Con todo, o que máis chama a atención é o entorno. A aldea ofrece a posibilidade de gozar da natureza, sen ter que renunciar a ningún luxo porque o lugar ten wifi e mesmo conta con piscina.

Unha forma de desconectar do mundo e recuperar o contacto coa natureza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019