CRTVG

Buscar

Un emprendedor aposta por recuperar os viñedos de Negueira de Muñiz

Publicado o 17/03/2019 18:23

Hai sete anos que este emprendedor decidiu dedicarse en exclusiva ao viño. Comezou recuperando os viñedos dos seus avós, no concello lucense de Negueira de Muñiz, onde sempre houbo tradición vinícola, pero que se foi perdendo ao ritmo que descendía a poboación.

Estas vides teñen cen anos de historia. Orientadas cara ao encoro de Salime, en certa medida lembran os cultivos da Ribeira Sacra.

Xunto con outro adegueiro, que foi o pioneiro na recuperación do viñedo nesta zona, tratan de lograr unha indicación xeográfica protexida que dea valor o viño que cultivan.

De momento, cunha produción de catro mil botellas, o obxectivo é continuar medrando e recuperando as variedades típicas da zona, que fan que este viño teña personalidade propia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/03/2019