CRTVG

Buscar

Un empregado público de Vigo non acode a traballar durante meses e segue cobrando

Publicado o 14/04/2019 18:08

En Vigo, un empregado público do Concello estivo 9 meses sen acudir ao seu posto de traballo e seguiu cobrando o soldo. O traballador, un técnico de mantemento do polideportivo municipal das Travesas, despois de recibir a alta tras unha baixa iniciada en xullo do 2018, non regresou ao seu posto de traballo e desapareceu sen dar explicacións.

Agora, o Goberno local acordou suspendelo de emprego e soldo, mentres se lle tramita un expediente disciplinario. O abandono do servizo pode ser constitutivo dunha falta moi grave que podería castigarse co despedimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019