CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un edificio modernista do centro de Navia de Suarna podería ser derrubado en calquera momento

Publicado o 06/10/2017 15:07
Un edificio modernista do centro de Navia de Suarna podería ser derrubado en calquera momento. Pese ao seu valor histórico, o inmoble non goza de ningunha figura de protección, polo que unha plataforma reclama que sexa catalogado canto antes.

Trátase da plataforma Salvemos Casa Benedicto, que xa recolleu máis de 6.000 sinaturas e recadou o apoio mesmo do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Para este colectivo veciñal, o inmoble non só ten valor arquitectónico, senón tamén turístico. Pero, ao non estar protexido, podería desaparecer o que é un dos escasos exemplos de arquitectura modernista nos Ancares.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí