CRTVG

Buscar

Un edificio en Vigo busca a acreditación de casas pasivas

Publicado o 01/02/2019 20:07

É a primeira fase nunha casa pasiva: crear un espazo estanco, perfectamente illado. E iso conséguese forrando a vivenda con láminas herméticas, esta barreira instálase tamén en portas e fiestras.

Co illamento, a humidade non entra e a calor non escapa. Pero o aire dunha casa pasiva renóvase permanentemente. Faino grazas a un sistema de ventilación mecánica, que amorna o aire que entra.

A certificación de casa pasiva é unha garantía de que esta vivenda consumirá menos calefacción e emitirá menos CO2 á atmosféra. Na actualidade hai dez proxectos en Galicia pendentes de obter a certificación passivhaus.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019