Un edificio de Viveiro bate récords de venda de pisos
A anterior crise deixou sen vender 80 das 112 vivendas deste edificio de Viveiro. Agora, unha forte baixada no prezo fixo que se venderan 50 en só catro meses e xa hai lista de espera para ver os 30 que seguen sen dono. Os mateiriais empregados e a situación do inmoble tamén favorecen a demanda.
Ángeles del Riego, axente inmobiliaria: "O prezo e a situación axudan. Tes un piso con garaxe e rocho no centro de Viveiro por 50.000 euros".
Os compradores cren que esta é unha boa opción de investimento tanto para utilizar os pisos como para ofrecelos en alugueiro ante a escaseza de vivenda para arrendar que se dá en Viveiro.
O piso máis pequeno ten uns 50 metros cadrados e o máis grande arredor de 110. E os prezos van entre os 85.000 e os 53.000 euros. Unha ampla gama de tamaños e prezos que favorece a demanda.
A clave dos prezos baixos está nunha negociación entre o promotor e a Sareb.