CRTVG

Buscar

Un dos nenos da vivenda asaltada en Sarria conseguiu ver a matrícula dos ladróns

Publicado o 14/09/2018 14:36

Seguen investigando o asalto a unha vivenda de Sarria en que os ladróns amordazaron os dous cativos que estaban sós na casa e retivéronos nun baño mentres cometían o roubo.

Nas últimas horas, a Garda Civil detivo en Lugo un dos presuntos implicados no roubo e procedeu ao rexistro da súa vivenda. As primeiras hipóteses apuntan a que os asaltantes eran catro persoas de orixe suramericana, tres entraron na casa e un quedou agardando nun vehículo para fuxir.Un dos rapaces tomou unha matrícula que agora se está a investigar para comprobar se pode estar ou non vinculada co asalto.

Os donos da casa, de orixe chinesa, contaron aos medios que os ladróns levaran aparellos electrónicos valorados nuns 3.000 euros e algunhas xoias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018