Relato dun dos mozos que frustrou o intento de secuestro do 'Chicle' en Boiro
Publicado o 03/01/2018 21:07
Hoxe falamos cun dos mozos que lle acudiron á última vítima de José Enrique Abuín, a rapaza que intentou secuestrar o día de Nadal en Boiro. Foi o suceso que precipitou a súa detención, e a posterior confesión do lugar onde estaba agochado o cadáver de Diana Quer.
Os dous mozos subían por esta rúa de Boiro sobre as dez da noite cando escoitaron os berros da rapaza. Axiña viron o coche de José Enrique Abuín.
Todos quedaron inmóbiles e nese momento a moza puido fuxir. 'O Chicle' subiu ao coche e escapou pero unha cámara de seguridade gravouno.
O teléfono salvoulle a vida á moza; no caso do 'Chicle' foi determinante para a súa detención pola desaparición de Diana Quer.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí