CRTVG

Buscar

Un dos mellores queixos do mundo elabórase en Moaña

Publicado o 29/10/2019 13:13

Os queixos elaborados nesta cooperativa de Moaña non deixan de recibir galardóns. Este ano, este semicurado de cabra, conseguiu a medalla de bronce nun certame internacional onde se elixen os tres mellores entre case catro mil. Por segundo ano consecutivo conseguiron situar os seus queixos entre os tres mellores do mundo.

A produción artesanal é o que diferencia estes queixos elaborados con leite propio, o que proporcionan as máis de cen cabras da cooperativa. Arestora producen uns corenta quilos de queixo á semana e os recoñecementos recibidos axudan a expandir o negocio. Porén, o control da produción é clave para non perder a súa filosofía de traballo. 

Ademais de diferentes tipos de queixo, elaboran iogur e tamén están presentes no sector agroalimentario. Os seus produtos pódense atopar nos mercados do Morrazo e en tendas de Pontevedra, Ourense e Santigao. Fóra de Galicia, en Madrid e Alacante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019