Un dos iates máis caros custa 3,4 millóns de euros está amarrado no porto de Vigo
Temos unha proposta, pero non é apta para todos os petos. É un iate. Un iate de auténtico luxo. Custa case tres millóns e medio de euros e está amarrado no porto de Vigo.
O Noso Uno é un deses luxos que non todos temos ao noso alcance. Pero quen teña posibilidade de mercalo pode visitalo aquí en Vigo na dársena de Marina Davila. Conta con 27 metros de eslora e sete cabinas. No seu interior acolle todo tipo de estancias para o ocio e a diversion, como, por exemplo, unha ampla zona de colchonetas para tomar o sol, terraza cun gran sofá ao aire libre, amplo salón e unha gran cociña con todo luxo de detalles.
O Noso Uno é un dos barcos máis caros á venda en toda Galicia. Por 3,4 millóns de euros, o afortunado que o compre poderá gozalo xunto con 10 persoas máis, xa que ten espazo para 14 ocupantes xunto cos tripulantes.