CRTVG

Buscar

Un dos acusados da violación grupal de Bilbao proclama a súa inocencia

Publicado o 06/08/2019 16:07

En Euskadi, un dos acusados de violar en grupo unha moza de 18 anos nega que participase nos feitos. Os catro presuntos membros da chamada 'Manada de Bilbao' que están en liberdade con cargos volveron presentarse onte ante a xuíza. O mesmo que onte se encarou coa prensa quixo hoxe dar explicacións para proclamar a súa inocencia.

Deste xeito negaba un dos sospeitosos da violación grupal de Bilbao a súa implicación nos feitos e acusaba un dos que xa está no cárcere que leva o pescozo tatuado. Pero a decisión da xuíz de garda en Bilbao de deixar en liberdade catro dos seis sospeitosos segue a causar controversia. A maxistrada do Xulgado de Instrución numero de 6 da capital biscaíña ten dúbidas da participación deses 4 homes de orixe alxeriano nos feitos. A diferenza dos outros dous, non puideron ser identificados con claridade e por iso están en liberdade con cargos tendo que acudir todos os días ao xulgado.

As probas de ADN serán fundamentais para esclarecer parte do acontecido. A Ertzaina de feito asegura continuar coa investigación e na busca de máis sospeitosos.

Precisamente, este último comunicado da policía autonómica vasca con consellos sobre como evitar agresións sexuais desatou a ira das asociacións feministas de Bilbao, xa que pon o foco nas vítimas e na súa liberdade de actuación.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019