CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Un documenal da TVG facilita a aprendizaxe do galego na Arxentina

Publicado o 04/06/2016 21:26
O Centro Galicia de Bos Aires quere achegar a lingua galega aos arxentinos a través dunha nova edición do seu ciclo cultural 37 aniversario.
Unha tarefa para a que empregarán o documental "Lingua de reis, lingua do pobo" feito polo programa "Historias de Galicia" desta casa, a Televisión de Galicia.

Coa consigna de difundir os valores e a identidade galega na Arxentina, o Centro Galicia de Bos Aires puxo en marcha o seu ciclo cultural 37 aniversario.

Nesta ocasión centrado en achegar o idioma galego aos arxentinos a través do documental "Lingua de reis, lingua do pobo", realizado polo programa da TVG, "Historias de Galicia".

Carlos Brandeiro - Moderador do ciclo:"O que se pretende tamén é darlles un pequeniño empuxón para animalos a que defendan a súa lingua e que entendan que a nosa lingua ten unha traxectoria fantástica que ten que ser entendida e valorada".

Un repaso pola historia da nosa comunidade e o seu idioma, dende as cantigas, pasando polos escritos de Alfonso X o sabio ou A Xeración Nós, ata a actualidade.

Todo dun xeito dinámico e respondendo ás dúbidas sociolingüísticas que xurdan.

O interese polo idioma galego seque a latexar con forza nesta quinta provincia, tal e como se reflicte da demanda de cursos e ciclos de lectura nesta lingua que hay en Bos Aires.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí