CRTVG

Buscar

Un dobrete de Messi guía a Arxentina cara aos cuartos da Copa América

Publicado o 29/06/2021 08:30

Arxentina impúxose ante Bolivia cun dobrete de Leo Messi (1-4) e pasou como primeira de grupo aos cuartos de final da Copa América. Foi o triunfo máis doado da selección arxentina, no que tamén marcaron Lautaro e o Papu Gómez. O seu rival en cuartos de final será Ecuador e evita a Brasil ata unha hipotética final.

Uruguai tamén se meteu nos cuartos como segunda de grupo logo de derrotar a Paraguai de Berizzo por 1-0 cun gol de penalti de Edinson Cavani. Os charrúas mediranse a Colombia nun dos partidos máis igualados da quenda de cuartos.