Un dispositivo galego desprázase ata Ávila para colaborar na loita contra o incendio
Publicado o 18/08/2021 21:45
O maior incendio rexistrado en España no que vai de ano, o de Ávila, xa está controlado, sen focos activos. Na súa extinción colaboraron dispositivos de varias comunidades, entre elas, Galicia.
Xa están de volta. Ao longo de dúas xornadas, o operativo galego actuou en distintos puntos quentes do lume. O director xeral de Defensa do Monte enxalzou esta tarde o seu traballo e destacou a importancia de colaborar con efectivos doutras autonomías.