CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Un día entre aves mariñas en Sálvora

Publicado o 22/09/2013 21:22


Galicia está na ruta migratoria de moitísimas aves que estes días comezan a atravesar a nosa costa. Nesta xornada internámonos 12 millas mar adentro para descubrir unha ruta peláxica chea de especies para moitos descoñecidas.

Desde o porto do Grove, o Chasula parte rumbo a Sálvora. A bordo, Damián, o ornitólogo comeza coas explicacións acerca de que especies imos atopar polo camiño se a xornada se presta, algo que os máis avezados xa traen sabido.

Nin estas gaivotas, nin paíños, nin pardelas, nin mascatos, nin moitas outras especies que puideron ver grupos coma o de Pau, que chegaron desde a Costa Brava pra coñecer a riqueza do noso mar.

Porque o certo é que no camiño aparecen tamén arroaces, golfiños e incluso unha balea alibranca, que pouco se deixou ver, e complementan a visita daqueles que non apartan os ollos dos prismáticos.

Esta ruta forma parte do proxecto Intramar, que busca recuperar a cultura marítima tradicional e aplicala a novas actividades turísticas e culturais baixo unha explotación sustentable, en colaboración co parque Nacional das Illas Atlánticas.

As perspectivas son ampliar estas visitas tamén para os escolares, para que desde pequenos saiban recoñecer a nosa fauna marítima.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí