CRTVG

Buscar

Un detido polo tiroteo en Canadá no que morreron polo menos catro persoas

Publicado o 10/08/2018 15:21

 Polo menos 4 persoas morreron na cidade canadense de Fredericton nun tiroteo do que aínda non se saben moitos datos. A policía mantén a alerta nesta cidade do leste do país e pídelle á poboación que non se achegue á zona. Mantén acordoados uns dous quilómetros dunha céntrica rúa da cidade e hai varias ambulancias e vehículos de urxencias. A policía tamén informa de que xa detiveron unha persoa en relación co suceso e que a situación está controlada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018