Un detido en Valladolid con 40.600 arquivos pedófilos
Publicado o 30/01/2019 16:24
Detido un pedófilo en Valladolid. Agochaba máis de 40.600 arquivos de contido pedófilo e de extrema dureza. Compartíaos a través dunha rede privada á que se accedía con invitación previa. A investigación que levou á súa detención iniciouse en 2015 e contou coa colaboración da policía alemá e suíza, vía Interpol. O detido presumía nas redes de manter relacións sexuais coa súa filla.