Un detido e un fotógrafo agredido nunha marcha de apoio a Hasél en Bilbao
Publicado o 21/02/2021 20:25
As protestas en apoio do rapeiro Pablo Hasél continúan sucedéndose. Este mediodía un milleiro de manifestantes percorreron as rúas do centro de Bilbao, convocados polo colectivos antifascistas.
A marcha desenvolveuse de forma pacífica, entre un forte despregamento policial. Só ao final, grupos de radicais estragaron mobiliario urbano e prendéronlles lume a varios colectores de lixo. Un fotógrafo foi agredido e a Ertzaintza, que cargou en varias ocasións, detivo unha persoa.