CRTVG

Buscar

Tira polas escaleiras un policía que identificaba os asistentes a unha festa en Vigo

Publicado o 05/04/2021 14:19
Tira polas escaleiras un policía que identificaba os asistentes a unha festa en Vigo

Once persoas identificadas e unha detida nunha festa ilegal nun piso de Vigo. Os axentes acudiron á vivenda, no centro da cidade, tras a chamada dun veciño. Xa no inmoble, puideron comprobar como saían ata 11 persoas en distintos momentos.

Un dos participantes na festa encarouse cos axentes, empurrounos e un dos policías caeu polas escaleiras. O home quedou detido por atentado á autoridade. O resto dos asistentes foron propostos para sanción por incumprir a normativa covid. 

Noticias web

05/04/2021