Un descoido do maquinista causou o accidente do tren Celta do Porriño
Publicado o 17/04/2019 21:40
Xa hai un informe sobre as causas do accidente de tren rexistrado no Porriño en 2016. Segundo a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, o sinistro produciuse por un descoido do maquinista, un profesional portugués con máis de vinte anos de experiencia que morreu aquel día canda outras tres persoas.
Segundo os expertos, o home puido confiarse e circulou a 110 quilómetros por hora nunha zona limitada a 30. Ese exceso de velocidade foi o que causou o descarrilamento do tren Celta con destino ao Porto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí